O 11/12/2023 chega unha carta informativa da comercializadora Naturgy Iberia por correo postal ordinario que indica unilateralmente que, salvo outra contratación (só indica a web xeralista cnmc.es ó final), a tarifa de gas contratada TUR pasará a tarifa elixida pola comercizadora Óptima Gas. A variación de tarifas no momento actual é :-Variable: dos 0,051 actuais ós 0,104€/kW/h (pasa a ser case un 200%!)Pódese enviar escaneo da cartaÉ unha carta de cambio de tarifa enganosa e fraudulenta polos seguintes motivos:1) Non se xustifica a proposta da unilateral da comercializadora da tarifa Óptima Gas, elixida segundo o seu criterio. É máis, expresamente se di que unilateralmente deixamos de comercializar tarifas vinculadas á TUR, sendo unha razón comercial a de potenciar as de prezo fixo a 12 meses. A proposta inxustificada é fonte de indefensión ó informar da tarifa que lle interesa ácomercializadora e omitir as outras tarifas disponibles.2) A carta omite deliberadamente:2.1) O CUPs, do que a comercializadora dispón, para dificultar a contratación doutra tarifa e aumentar a indefensión do consumidor2.2) A Sección sobre a TUR da web cnmc.es que é unha web xeralista e extensa 2.3) Que a empresa do mes grupo Naturgy Comercializadora Regulada Gas&Power ofrece a tarifa TUR que deixa de ofertar Naturgy Iberia2.4) A forma de opoñerse á notificación e ó cambio automático que xera indefensión3) Cun cambio de condicións así, a carta non é informativa e ten carácter contractual de cambio de tarifa de forma unilateral por parte da empresa, debe ter un acuse de recibo para non deixar o consumidor en indefensión ó ser enviada por correo postal. Se o consumidor non chega a recibir a carta, o cambio abusivo de tarifa será aplicado.Ademais, dentro do mesmo grupo Naturgy seguen os mesmos procedementos enganosos e fraudulentos deliberadamente para dificultar contratación da TUR:A) a solicitude de tarifa TUR na web de Comercilizadora Regulada Gas&Power non ten un acuse de recibo, o xera indefensión do consumidor xa que poden desatender a nova contratación, renovando automaticamente á tarifa do interese da comercializadora sen que o consumidor poida demostrar a data de solicitude, quedando en total indefensión fronte ó cambio abusivoB) a web está deseñada para dificultar a contratación do TUR que xa se tiña (non se pregunta o CUPs ó comezo, nin se avisa que se vai pedir na mesma sesión, nin se explica onde consultalo)C) a web está deseñada para intentar que o cliente contrate outros servizos asociados ou desista.