Bos días,
En relación coa súa reclamación, queremos ofrecerlle unha aclaración detallada sobre a situación do seu servizo e da permanencia asociada ao mesmo.
Tal e como se recolle nas condicións do contrato asinado, a permanencia só avanza mentres o servizo está activo. Cando un cliente solicita activar o “modo mantemento”, o servizo queda pausado temporalmente e, polo tanto, o tempo de permanencia tamén queda detido durante ese período. É dicir, mentres o servizo non estea activo, a permanencia non continúa avanzando.
Por outra banda, a promoción aplicada ao contrato ten unha duración de 12 meses desde a data de activación inicial. Esta promoción continúa o seu curso incluso aínda que o servizo se atope en mantemento, motivo polo cal o período promocional finaliza igualmente unha vez chegue o seu vencemento.
Para poder cancelar o contrato sen penalización, é necesario cumprir integramente os 12 meses de permanencia co servizo en estado activo, tal e como se lle explicou na chamada na que se activou o modo mantemento.
Con respecto ao proceso de baixa, informámoslle tamén que:
O Departamento de Baixas non realiza chamadas de saída ao cliente.
Tal e como figura no contrato, é o cliente quen debe notificar a súa solicitude de baixa directamente a este departamento, por correo electrónico ou a través dos medios indicados na documentación contratual.
Lamentamos as molestias que esta situación poida lle ocasionar e quedamos á súa disposición para tramitar a baixa cando vostede o solicite formalmente polos medios escidos ou para resolver calquera dúbida adicional que precise.
Un cordial saúdo.
Uxia Moure
Departamento Baixas A túa Xanela SL
982 831 360
baixas@atuaxanela.es
www.atuaxanela.es
Polígono Industrial Os Acivros, parcela23, Chantada, 27519, Lugo.
AVISO DE PRIVACIDADE De conformidade co disposto nas normativas vixentes en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018, informámoslle que os datos persoais e o enderezo de correo electrónico, recollidos do propio interesado ou de fontes públicas, serán tratados baixo a responsabilidade de A túa Xanela SL. para o envío de comunicacións sobre os nosos servizos e manteranse mentres haxa interese mutuo en facelo. Informámoslle que pode ampliar a información e exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ó seu tratamento dirixíndose ainfo@atuaxanela.es
AVISO DE CONFIDENCIALIDADE: Esta mensaxe e os seus ficheiros adxuntos están dirixidos exclusivamente ó seu destinatario e poden conter información confidencial suxeita ó segredo profesional. Non se permite a súa comunicación, reprodución ou distribución sen a autorización expresa de A túa Xanela SL.